O meu uso destes aparellos é bastante frecuente. Hoxe en día case toda a poboación dispón destes dispositivos, xunto cunha anclaxe que permite o acceso a internet. Persoalmente, día tras día, emprego estes dispositivos grazas a telos a miña disposición.
A primeira vez que empreguei un ordenador era moi pequeno, cando ía a unhas clases donde che ensinaban a empregar este aparello. Xa un puco máis adiente, nas navidades do 2008, con oito anos regaláronme o meu primeiro ordenador, un ordenador de mesa. O uso que lle din era moi dedicado ao ocio; descargaba música, xogaba a xogos... Así que debido a este uso excesivo e de cara as capacidades limitadas que posuía, cando entrei no instituto compráronme outro ordenador, un portátil. Hoxe en día aínda utilizo este portátil pero aínda así, fai pouco merquei un ordenador de mesa, máis centrado aos meus estudos e ao futuro.
En canto ao móbil, o ano no que me mercaron o meu portátil, tiven o meu primeiro móbil. Era dunhas características moi limitadas, as función principais só eran chamar e enviar mensaxes. Logo, cando saíron os smartphones mercáronme dous, un xa se quedou bastante anticuado e o outro é o que emprego hoxe en día. Xa que destacamos ahora a aparición dos smartphones, falamos tamén da aparición das applicacións. As "apps" marcaron un antes e un despois sen dúbida, ou para min sobre todo. O feito de ter múltiples funcións no teu móbil, a túa man, foi un gran avance. Penso que esta aparición fixo que hoxe en día empreguemos máis o móbil ca o ordenador, salvo que sexa por mor dalgún traballo ou de algo de máis importancia.
Ahora vamos a pasar a ver o meu uso cotidiá destes aparellos tan sinalados. O ordenador, emprego sobre todo para traballos; buscar información, manterme en contacto cos profesores e incluso alumnos, facer traballos on-line... A veces tamén o emprego para xogar con amigos a diferentes xogos, ou tamén para meterme en redes sociais se non teño o meu smartphone a man. Ademais, non é a primeira vez que tamén o utilizo para comunicarme con algunha persoa de forma "presencial" vía skype por exemplo. Pero sobretodo, vexo moitas series nel, bastantes películas e incluso os streamings dalgúns youtubers que sigo.
O meu móbil emprego case a todas as horas do día. Ben sexa para utilizar as redes sociais ( a maioría do tempo) donde me comunico cos meus amigos, compañeiros e incluso co meu equipo de deporte. Tamén, non tan habitualmente, se non despoño do meu ordenador a man, para buscar información, ben sexa para algún traballo ou exercicio do instituto. E tamén o emprego a maioría das veces de cámara.
En conclusión, como case todo o mundo, utilizo moito máis o móbil ca o ordenador. É dicir, o móbil ofréceche un uso máis instantáneo, xa que sempre o levas ao teu carón. As función son case iguais as dun ordenador e incluso permite algunhas funcións que o ordenador non. Persoalmente, emprego antes de todo o móbil, se é un traballo grande, ou necesito algo máis complexo, xa boto man do meu ordenador, pero esencialmente o smartphone predomina.
En esencia, día a día botamos man destes. Si o miramos así, nun futuro xa non saberemos ata donde vamos chegar, aínda que todo apunta a un mundo cheo de tecnoloxías e desde o punto vista persoal, un mundo no que sea innecesario saír da casa tendo todo a man.